
Nigrán está situado no extremo suroccidental de Galicia. Rodéano os municipios de Vigo, Gondomar e Baiona, polo norte, leste e sur, respectivamente. Ao oeste atópanse ría de Vigo e o Océano Atlántico.
Chegar a Nigrán é fácil e cómodo xa que o municipio atópase moi ben comunicado:
Por estrada
A través da autopista AG-57 comunica Nigrán con toda a rede de autopistas e autovías do Estado así como coas vías de entrada a Portugal.
Por avión
20 min por autopista sepárannos do aeroporto de Peinador en Vigo, 1 hora do de Santiago de Compostela e 1 hora e 30 minutos do de Sa Carneiro en Oporto.
Todos estes aeroportos teñen conexións en autobús, taxi e dispoñen de compañías de aluguer de coches para chegar fácilmente a Nigrán.
Máis información dos servizos de cada aeroporto en:
Aeroporto de Peinador(Vigo) e de Santiago(A Coruña) en: www.aena.es
Aeroporto de Sa Carneiro(Oporto): www.ana.pt
Por ferrocarril
A estación de tren máis próxima atópase no centro de Vigo. Desde alí e ascendendo pola rúa Gran Via, camiñando durante 20min aproximadamente chégase á parada de autobús ATSA compañía que realiza diariamente e cunha ampla frecuencia de percorridos o traxecto Vigo-Nigrán.
A estación de ferrocarril conta tamén con servizo de taxis e de empresas de aluguer de vehículos.
Para información dos horarios dos trens: www.renfe.es
Por Autobús
A compañía ATSA comunica diariamente e cun amplo horario Nigrán con Vigo, Baiona, Gondomar, Tui e A Guarda.
TELÉFONOS DE INTERESE
- Automóbiles de Tuy, S.A (ATSA): Teléfono: 986.355.330
- Taxis Nigrán: 986.365.409
- Taxis Ramallosa: 986.350.009
- RadiotaxiVigo: 986.252.700
- Estación de Autobuses de Vigo: 986.373.411
- Estación de Tren de Vigo:
- Información Nacional: 902.240.202
- Información Internacional: 902.243.402
- Aeroporto de Peinador: 986.268.200











