Temos por diante anos que serán fundamentais para o desenvolvemento e o futuro do noso municipio, nos que teremos que sacar adiante cuestións prioritarias como a aprobación do mellor Plan Xeral de Ordenación Municipal ou a posta en marcha definitiva do Parque empresarial Porto do Molle.
Queremos un Nigrán vivo e activo, un municipio con actividades culturais e deportivas e con alternativas de lecer e turismo para todos os públicos. Queremos un Nigrán en crecemento e desenvolvemento. Queremos un Nigrán limpo e ordenado. Queremos un Nigrán que nos ilusione, e co noso traballo e a vosa confianza conseguirémolo.
Benvidos á nosa xanela ao mundo. Benvidos ao Concello de Nigrán
Alberto Valverde Pérez
Alcalde de Nigrán











